EIfEL, apoio para aprendizaxe dixital
Investigando sobre as organizacións que aprenden e a necesidade de comprender procesos como a adquisición de competencias dixitais por parte das institucións, a través do MOOC que estou facendo cheguei a este Instituto Europeo para a investigación en E Learning. Comparto convosco o link da páxina por se queredes explorar os seus contidos, publicacións e proxectos, algúns deles verdadeiramente interesantes. É curioso como, até que non entramos de cheo nunha materia, miles de experiencias atractivas e das que nos gustaría participar, pasan ao noso lado sen que teñamos coñecemento das mesmas. Coido que ademais da elaboración do meu portfolio, esta páxina, na que andarei explorando contidos de tanto en tanto, me achegará cousas moi interesantes, tanto para avanzar na xestión coma no meu proxecto educativo.